Benvid@ a web de emprego do Concello de Brión

Nesta web queremos centralizar todo o relacionado coa formación, o emprego e as empresas do Concello de Brión. Pretendemos crear un punto de encontro entre ofertantes e demandantes de emprego para poder axilizar así a busqueda fructifera do mesmo.

Tamén quere ser esta web un lugar de consulta para todas as empresas que forman o tecido empresarial do Concello de Brión.

OBRADOIRO DE EMPREGO PARA MENORES DE 30 ANOS EN AMES E BRION


No mes de setembro dará comezo o obradoiro de emprego denominado “RENOVAMESBRION II”, dirixido as persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Este obradoiro realízase a través do convenio entre os concellos de Ames e Brión e enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020

A especialidade do obradoiro vai ser Montaxe e mantemento de máquinas caloríficas, e no concello de Brión está prevista a instalación dunha caldeira de biomasa na Escola dos Ánxeles e dunha estufa de pellets na escola unitaria da Luaña, así como traballos de mantemento das instalacións de calefacción en diferentes edificios municipais.

Neste obradoiro está prevista a participación de 15 mozos/as menores de 30 anos que cumplan os seguintes requisitos:
- Ter entre 18 e 29 anos de idade
- Estar desempregado/a e inscrito/a na Oficina de emprego como demandante
- Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- Ter como mínimo o título da ESO, competencias clave de nivel 2 ou aprobadas as probas de acceso a ciclos medios de FP

A convocatoria para participar na selección faise directamente desde a Oficina de emprego polo que é imprescindible ter a demanda actualizada no momento de facer a dita convocatoria.

O obradoiro ten prevista a data de inicio no mes de setembro e terá unha duración de seis meses.


INSTITUTO GALEGO DE CALIDADE ALIMENTARIA: TÉCNICOS



ANUNCIO do 26 de xullo de 2017 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada, con cargo ao proxecto de investigación denominado WETWINE SOE1/P5/E0300 Proxecto de cooperación transnacional para promover a conservación e a protección do patrimonio natural do sector vitivinícola na zona SUDOE.

+Info: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170810/AnuncioG1639-310717-0001_gl.pdf


ANUNCIO do 26 de xullo de 2017 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada, con cargo ao proxecto de investigación denominado Plans de xestión de riscos transnacionais para os espazos rurais forestais sensibles aos riscos bióticos e abióticos-PLURIFOR-SOE1/P4/F0112.

+Info: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170810/AnuncioG1639-310717-0002_gl.pdf

CONCELLO DE CORCUBIÓN: MESTRE/A EDUCACIÓN INFANTIL


Por Decreto n.º 355/2017 o alcalde-presidente resolveu convocar procedemento público para a contratación temporal dun Mestre/a de Educación Infantil e aprobar as bases para a realización do correspondente concurso-oposición, que poden ser consultadas na web municipal www.corcubion.gal e no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

+Info: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/08/09/2017_0000006843.pdf

SANTIAGO DE COMPOSTELA: XEFE SECCION DEPARTAMENTO INFORMATICA


Anuncio das bases para a provisión de dous postos de traballo de xefe de sección do departamento de informática do Concello de Santiago de Compostela

+Info: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/08/04/2017_0000006746.pdf

SANTIAGO DE COMPOSTELA: XEFE NEGOCIADO FISCALIZACIÓN INGRESOS E GASTOS


Anuncio das bases para a provisión dos postos de traballo de xefe de negociado de fiscalización de ingresos e xefe de negociado de fiscalización de gastos do Concello de Santiago de Compostela

+Info: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/08/04/2017_0000006741.pdf

MOECHE: PERSOAS PARA CENTRO DE INTERPRETACION


Convocatoria e bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a selección de persoal técnico no Centro de Interpretación da Revolución Irmandiña para executar programas subvencionados de carácter temporal

+Info: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/08/04/2017_0000006716.pdf

ABEGONDO: ENXEÑEIRO/A AGRONOMO/A OU DE MONTES


1 praza laboral temporal para programa Life da Unión Europea

+Info: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/08/04/2017_0000006718.pdf

XUNTA DE GALICIA: BONO DE AUTONOMOS


ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR341Q).

+Info: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170731/AnuncioG0424-170717-0002_gl.pdf

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS