XORNADA: O VALOR SOCIAL DO DIÑEIRO: FINANZAS RESPONSABLES



Martes 17 de abril - 9.30 - 14.30 - Edificio Cersia Empresa - Santiago

>> Queres coñecer opcións financeiras para cooperativas, e para organizacións e empresas da economía social?

>> Para o emprendemento como cooperativa ou na economía social, sabes con que útiles de financiamento contas?

>> Queres aforrar ou investir en sistemas de finanzas éticas e responsables?

EspazoCoop celebra esta xornada divulgativa para dar a coñecer un sector das finanzas que segue criterios de funcionamento éticos e/ou responsables, e que son instrumentos financeiros tanto acaídos e ao servizo da economía social e do cooperativismo, como para persoas particulares que buscan outras alternativas de aforro ou investimento.

A xornada celébrase o próximo martes 17 de abril no Edificio Cersia Empresa de Santiago a partir das 9.30 h., e nela serán presentadas boas prácticas e recursos útiles.


Contaremos con representantes de COOP57 (cooperativa de servizos financeiros, éticos e solidarios); FIARE BANCA ÉTICA (banca cooperativa ética); AIS O PETO (asociación por un interese solidario); e as cooperativas de crédito CAIXA RURAL GALEGA e CAJAMAR.

Non só serán presentadas estas entidades, senón que ademais, estarán comentando a súa experiencia no uso deste tipo de finanzas as cooperativas NÚMAX e 7H Cooperativa Cultural, e mesmo a ONGD SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL - Galicia.

Esta actividade destínase tanto a cooperativas e outras entidades da economía social e solidaria (ESS), como a persoas do ámbito do emprendemento na ESS (grupos promotores, persoal de servizos de orientación e asesoramento...), ou mesmo o público e particulares en xeral interesadas/os nas finanzas éticas e responsables.

+Info: http://ugacota.mailrelay-ii.com/mailing/244631/370.html?t=575643435a05035757420d5c5d5b076150040355555c5308585c0a050750075c57121f090851545312065d


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS