INSERAMES-BRION X

Neste mes de decembro comeza a selección de participantes para o programa integrado InserAmes-Brión X, programa financiado polo Fondo Social Europeo, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e os concellos de Ames e Brión.

Neste programa poderán participar un total de 85 mozos e mozas destes dous concellos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

O programa desenvolverase ao longo dun ano e durantes estes doce meses poderán:
- Contar coa orientación de dous técnicos de orientación laboral
- Asistir a titorías individualizadas e/ou en grupo con estes dous técnicos
- Adquirir habilidades e coñecer novos recursos de cara á busca de emprego
- Formarse naqueles sectores que sexan máis do seu interese: comercio, hostalaría, ocio e tempo libre, loxística... (o plan formativo elaborarase despois da selección tendo en conta as preferencias dos participantes no programa)
- Poder realizar prácticas non laborais en empresas da zona co fin de coller soltura no desempeño do traballo
- Acceder a numerosas ofertas de traballo, tanto ofertas que están publicadas e a disposición de todos como ofertas específicas para os e as participantes no programa
- ...

A selección faise a través da Oficina de emprego polo que, se estás interesado/a, tan só tes que achegarte á túa oficina e comunicarlles que queres que te teñan en conta para a selección do programa integrado InserAmes-Brión X.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS