SEMINARIO: DISCAPACIDADE INTELECTUAL E SAÚDE MENTAL


En FADEMGA Plena inclusión Galicia (Federación Galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento) continúan traballando para garantir que as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento poidan desfrutar do máis alto nivel de saúde posible, por elo organizan unha nova edición do Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental; a cita terá lugar o venres, 24 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1). Rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela.

Este seminario organízase coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta en persoas con discapacidade intelectual, un equipo multidisciplinar de profesionais de asociacións de toda Galicia, que voluntariamente se reúnen para a exposición e consulta de diferentes dúbidas, dificultades e sobre o tipo de intervencións axeitadas nas persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados. Ademais traballa na busqueda da implicación, de maneira activa, da Administración e profesionais (psiquiatras das Unidades de Saúde Mental do SERGAS e demais profesionais vinculados) para asegurar o dereito a unha atención, un apoio e un tratamento axeitado.

Esta edición, que volve a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade, ten como finalidade:

Informar e sensibilizar os profesionais de diferentes campos da necesidade de non limitarnos ó tratamento dos problemas de saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, senón anticiparnos os mesmos.

Promover un foro de reflexión e debate sobre a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con alteracións da saúde mental.

Dar a coñecer ós profesionais de diferentes campos metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: Apoio Activo (AA), Apoio Condutual Positivo (ACP) e Programación Centrada na Persoa (PCP).

Ofrecer os profesionais información e formación, teórica e práctica, sobre o abordaxe do benestar emocional nas persoas con discapacidade intelectual e nas familias.

Facilitar ós profesionais estratexias para integrar o sentido do humor no traballo coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Fomentar vías de colaboración entre os Servizos Sociais, Sanidade e o Sector da Discapacidade Intelectual.


No seguinte enlace podes descargar a documentación para a túa inscrición e o cartel da xornada: http://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/component/phocadownload/category/469-xi-seminario-sobre-discapacidade-intelectual-e-saude-mental

O prazo para formalizar a inscrición remata o 17 de novembro. AFORO LIMITADO.

+Info: Mónica Martínez Lamas, Telf: 981 51 96 50, formacion@fademga.org, www.fademga.org


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS