CURSOS DE FORMACIÓN NO CONCELLO DE BRION


Desde o día 8 de novembro está aberto o prazo de inscrición para os seguintes cursos que se desenvolverán no Concello de Brión nos meses de novembro e decembro:

- MANIPULADOR DE ALIMENTOS
Sábado 25 de novembro de 10 a 13 horas na Aula CEMIT

- PRIMEIROS AUXILIOS
Sábado 2 de decembro de 10 a 14 e de 16 a 20 horas na Casa da Cultura

- MANEXO DE CARRETILLA ELEVADORA
Parte teórica: 18 e 19 de decembro de 9.30 a 13.30 horas no Centro social polivalente
Parte prácticas: 20 e 21 de decembro de 9.30 a 13.30 e de 16 a 20 horas no Centro social polivalente

- CONTABILIDADE BÁSICA PRÁCTICA
Martes e xoves do 12 de decembro ao 30 de xaneiro, de 20 a 22 horas na Aula CEMIT

O prezo dos cursos é 25 euros cada un deles

O prazo para inscribirse remata unha semana antes do inicio do curso.

Inscrición na Casa da Cultura de Brión ou enviando a folla de solicitude a empregobrion@gmail.com.

Folla de solicitude: http://concellodebrion.gal/impresos_municipais/20_solicitude_inscricion_actividades_municipais.pdf


+Info: http://concellodebrion.gal/actividades/formacion/formacion.html

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS