CEIDA: CURSO EDUCACIÓN AMBIENTAL PARA DECRECER


A fin de semana do 17 e 18 de novembro, o CEIDA organiza o curso ‘Educación Ambiental para Decrecer’, impartido polo investigador en materia de Educación, Movementos Sociais e Participación Social, e Asesor en Procesos de Participación Cidadá Miguel Pardellas, e que terá lugar na sede do CEIDA, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros). A actividade pretende reflexionar sobre o papel da Educación Ambiental no actual escenario de crise ambiental, para avanzar colectivamente no deseño de proxectos e intervencións que aposten por unha Educación Ambiental decrecentista. Todas as sesións desenvolveranse a través de dinámicas participativas.

As prazas son limitadas.

Máis información: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/educacion-ambiental-para-decrecer









0 comentarios:

Publicar un comentario

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS