OBRADOIRO DE EMPREGO PARA MENORES DE 30 ANOS EN AMES E BRION


No mes de setembro dará comezo o obradoiro de emprego denominado “RENOVAMESBRION II”, dirixido as persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Este obradoiro realízase a través do convenio entre os concellos de Ames e Brión e enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020

A especialidade do obradoiro vai ser Montaxe e mantemento de máquinas caloríficas, e no concello de Brión está prevista a instalación dunha caldeira de biomasa na Escola dos Ánxeles e dunha estufa de pellets na escola unitaria da Luaña, así como traballos de mantemento das instalacións de calefacción en diferentes edificios municipais.

Neste obradoiro está prevista a participación de 15 mozos/as menores de 30 anos que cumplan os seguintes requisitos:
- Ter entre 18 e 29 anos de idade
- Estar desempregado/a e inscrito/a na Oficina de emprego como demandante
- Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- Ter como mínimo o título da ESO, competencias clave de nivel 2 ou aprobadas as probas de acceso a ciclos medios de FP

A convocatoria para participar na selección faise directamente desde a Oficina de emprego polo que é imprescindible ter a demanda actualizada no momento de facer a dita convocatoria.

O obradoiro ten prevista a data de inicio no mes de setembro e terá unha duración de seis meses.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
| CONCELLO DE BRIÓN | FORMACIÓN, EMPREGO E EMPRESAS